Os socialistas esixen á Xunta que arranxe xa os 4 quilómetros da LU-710

O Secretarioa Xeral dos Socialistas de Lugo Santos Ramos, e o voceiro desta formación en Baralla, Jaime González del Río, denunciaron este domingo o estado no que se atopan os 4 quilómetros da estrada que conecta Baralla coa A-6. “Trátase do único tramo sen acondicionar do arranxo feito polo goberno galego na LU-710 que une O Cádavo e Baralla”, explicaron os socialistas.

Santos Ramos criticou que esta actuación “é un exemplo das promesas incumpridas polo PP na Xunta cos veciños da provincia de Lugo. Xa pasaron 10 anos dende que anunciaran que a ían acondicionar pero non fixeron nada. Dende o Partido Socialista esiximos a inmediata reparación desta estrada pois trátase dunha infraestrutura vital para o Concello de Baralla porque enlaza directamente ao núcleo central da localidade coa autoestrada”.

Pola súa banda, González del Río manifestou o malestar dos cidadáns de Baralla co goberno galego do PP que “pola súa pésima xestión están poñendo en risco a seguridade dos usuarios que teñen que circulan por un vía moi estreita, coa dificultade engadida de que en inverno a estrada vese afectada por placas de xeo debido á auga que emerxe en case todo o treito”. O voceiro socialista explicou que cando coinciden vehículos pesados como

“Foi en abril de 2007, cando gobernaba o Partido Socialista na Xunta, daquela presidido por Pérez Touriño, quen  deixou todo preparado para amañar esta estrada, pero os veciños seguen agardando por estes 4 quilómetros”,

Dende entón, os socialistas levan presentado varias iniciativas no Parlamento Galego instando á Xunta de Galicia a que “faga realidade esta actuación de máxima importancia. Todas estas demandas foron rexeitadas polo PP no goberno autonómico, escudándose en que están traballando na redacción dun novo proxecto porque o ancho que recollía o anterior é inviable, segundo eles”, denuncian os socialistas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com