Os socialistas “soben ao tren” para denunciar a precariedade laboral da mocidade

A candidata socialista ao Congreso, Margarita Pérez Herraiz, acompañada das Xuventudes Socialistas, denunciou este xoves nun acto reivindicativo na estación de tren de Lugo a precariedade laboral que sofren os mozos galegos.

“Hoxe estamos aquí cos mozos galegos, que queren simbolizar coas maletas e con esta viaxe en tren, as dificultades para atopar traballo na provincia de Lugo. A meirande parte dos nosos rapaces teñen que saír a outros lugares de España, ou mesmo ao estranxeiro, para poder ter expectativas de traballo”, sinalou.

Pérez Herraiz advertiu de que os galegos e os lucenses “non queremos vivir nunha Galicia de emigrantes que envía aos seus fillos a buscarse a vida no estranxeiro; á xeración mellor formada da súa historia. Non queremos unha Galicia que permite a pobreza infantil e unha sociedade na que avanzan as desigualdades até límites insoportábeis”.

Por iso emprazou aos votantes a reverter esta catastrófica situación. “O día 26 de xuño, temos que dar unha lección de democracia votando ao PSOE, porque somos e seguiremos sendo a verdadeira esquerda deste pais”, subliñou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo