A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa dun episodio de nivel laranxa por altas temperaturas, que afectará, esencialmente, á parte sur da provincia de Lugo e aos concellos da contorna do Miño na provincia de Ourense.
Estas zonas experimentar unha calor intensa ata o punto que os termómetros poderán situarse por riba dos 39 graos.
Debido ás altas temperaturas que se agardan nas vindeiras horas, dende AEMET recomendan a importancia de seguir estas indicacións:
- Bebe auga e/ou bebidas con electrólitos con frecuencia.
- Evitar as horas centrais do día.
- Elixir comidas lixeiras.
- Reducir a actividade física.
- Asegurarse de que os alimentos que se inxeren estean en bo estado.
Fotografía: Pixabay.