Outros 85 casos de Covid-19 elevan os contaxioados a 456 en Lugo

Aínda que a cifra segue sendo alta, 85 novos infectados que elevan a cifra a 456, parece que o andazo comeza a estabilizarse.

Galicia ten a taxa de letalide máis baixa de todas as comunidades autónomas de España, cun 2,32% respecto da media do estado que é dun 8,86 %. Tan só as cidades autónomas de Ceuta e Melilla teñen unha taxa inferior, cun 1,96% e 1,61% respectivamente. A taxa de letalidade reflicte a porcentaxe de falecidos respecto dos contaxiados.

No referido aos últimos datos, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 4.058, deles 906 son da área da Coruña, 559 da de Ourense, 382 da de Pontevedra, 955 da área de Vigo, 581 da de Santiago, e 219 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 157 permanecen en UCI, 807 están en unidades de hospitalización e 3.094 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 259 altas de pacientes e 115 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 19.332.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias, e o 900 400 116 para dúbidas
A Consellería de Sanidade da Xunta, reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía unha páxina web coronavirus.sergas.gal), na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, que vén de ser reforzado con máis persoal, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número pódense resolver todas as dúbidas dos cidadáns ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Abr 01, 2020 - 11:36 PM

    Prudencia! Non cantar victoria antes de tempo

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com