Palmarés da XLII Semana de Cine de Lugo

A 42 edición da Semana de Cine de Lugo xa é historia. Báixase o pano desta edición que sen dúbida será lembrada, como tantos outros eventos culturais, como estraña. Malia iso, púidose celebrar, porque houbo outras moitos que quedaron varados a espera de que o andazo desapareza e retomar a actividade. Mentres se prepara a vindeira edición, que agardamos se desenvolva na máis estrita normalidade, este é o palmares da edición 2020:
Premio do Público á Mellor Película da Sección Oficial: DERIVE (Canadá, 2018) de David Uloth (2,70 puntos).
A continuación, quedaron:
EU TAMÉN NECESITO AMAR (España, 2019) de Antonio Caeiro Rodríguez (2,67 puntos). MAQUIS (España, 2020) de Rubén Buren (2,50 puntos). LA MALA NOCHE (Ecuador, 2019) de Gabriela Calvache (2,41 puntos). EL DESEO DE ANA (México, 2019) de Emilio Santoyo (2,05 puntos). AS MORTES (Chile-España, 2019) de Cristóbal Arteaga (1,85 puntos). FENDAS (Brasil, 2019) de Carlos Segundo (1,75 puntos). EL DESENTIERRO (Arxentina, 2019) de Claudio Perrin (1,71 puntos). ALEKSI (Croacia, 2018) de Barbara Vekaric (1,12 puntos). A PUNTO DE EXPLOTAR (Argentina, 2019) de Diego M. Castro (0,83 puntos).
Premio do Xurado á Mellor Película Documental: ALDEA ENCONTRADA (Asturias, 2020) de Ricardo Alonso.
Premio do Público á Mellor Película Galega: MARE (Galicia, 2019) de Guille Vázquez.
Premio do Público á Mellor Curtametraxe Galega: XOVES DE COMADRES (Galicia, 2020) de Noemi Chantada.
Premio do Público á Mellor Curtametraxe: CIENTOUNO (España, 2020) de Sebastian Alfie.
A Organización e o Xurado da XLII SECILUGO (Semana de Cine de Lugo) conceden cadansúa MENCION ESPECIAL ás seguintes películas, polo especial tratamento dos temas, ás persoas e ao cine:
CANDELA (España) de Marc Riba. LA TIERRA LLAMANDO A ANA (España) de Fernando Bonelli. LA LLUVIA TAMBIEN (Arxentina) de Melchor Tame. O RAPAZ E A CORUJA (Portugal) de Mario Gajo de Carvalho. EL TRATAMIENTO (España) de Álvaro Carmona. MALCAVADA (Galicia) de Antonio Mourelos. ANHELO (Lugo-Galicia-España) de Antonio Lence Castro. BADALADAS DE AMOR E MORTE (Galicia) de Iría Gallego. 16 DE DECEMBRO (España, 2019) de Álvaro Gago. DIRECTORAS (Honduras) de Irina Blancafort/Eloi Tomas. TRES PISOS (Colombia) de Blandon Restrepo. PIEDAD (México) de Daniel Cano. EL VIAJERO (Arxentina) de Gustavo Duc. FRITANGA (España) de Jose David Díaz. IFIGENIA (Grecia) de George Georgakopoulos. EXISTE (Bélxica) de Luca Zuberbühler. PÚBLICO CAUTIVO (Perú) de Beto Ortiz. SIEMPRE FUERTE. LA HISTORIA DE PABLO RÁEZ (España) de Vladimir Raez.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com