" />

Paradela, no nivel mínimo de restriccións e O Saviñao sitúase no alto

Novas restriccións entraron hoxe en vigor en diferentes concellos da provincia. Como xa avanzabamos o mércores en Xornal de Lugo, Paradela recupera a normalidade ao baixar hoxe ata o nivel máis baixo de limitacións logo de tres semanas no nivel máximo. A provincia queda baleira así de concellos con peche perimetral. Doutra banda, entra en nivel alto o Concello do Saviñao con restriccións, principalmente na hostalería que só poderá abrir as terrazas e ao 50% do seu aforo ata as 9 da noite. 

No caso de Pantón e Sober ambos concellos entran, logo de detectarse algún gromo, no  nivel medio de alerta que a hostalería queda restrinxida a aforo do 50% en terraza e do 30% en interior. 

O resto de Concellos lugueses permanecerán, a lo menos esta fin de semana, no nivel máis baixo de medidas, no que bares e restaurantes poderán abrir ao 75% da súa capacidade en terrazas e ao 50% no interior. O que continúa vixente é o peche perimetral da comunidade. Asemade, quedan prohibidas as reunións de non conviventes en espazos privados e reducidas a 4 persoas non conviventes no espazos públicos pechados e a seis en abertos.

Como xa é habitual,  esta mañá reuniuse o comité clínico que valorou a situación epidemiolóxica e determinou novos cambios en concellos galegos. Na provincia de Lugo non se rexistrarán cambios polo que O Saviñao seguirá no nivel alto e Sober e Pantón, a lo menos ata o vindeiro venres continuarán no medio. 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo