" />

Parásitos volve aos Codex ante a petición de numerosos espectadores

Os Codex Cinema veñen de anunciar unha grella moi especial para esta semana. E é que, como resposta ás numerosas peticións dos espectadores, as salas proxectarán de novo, de mércores a domingo, a gran premiada dos Oscar 2020, Parásitos. Pero ademáis, as salas de cinema independente lucenses proxectarán este filme cun precio por entrada de 4 euros, para facilitar que todos os espectadores que o desexen podan ver a Mellor Película do ano, segundo os grandes premios americanos.

Ademais, as salas estrean este venres o filme Casanova, o seu derradeiro amor, do cineasta francés Benoît Jacquot, un retrato do famoso sedutor italiano mostrando a súa fraxilidade e desesperación. Un elegante filme de época dun dos directores franceses que mellor retratan o pasado. Por último, esta semana os Codex presentarán tamén O ovo do dinosaurio, un fascinante filme que ten como protagonistas ás paisaxes de Mongolia onde o suspense é a tónica xeral.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo