" />

Amigable entre o Lugo e o Sevilla F.C no Anxo Carro o 11 de novembro

O Club Deportivo Lugo informa que o próximo día 11 de Novembro, terá lugar o encontro amigable entre o equipo e o Sevilla FC, a partir das 20:30 h., choque ante o vixente campión da Europa League, que visitará o Anxo Carro, nun partido que enfrontará ao equipo de Luís Milla cun dos conxuntos que disputan actualmente a liga de Campións da UEFA, máxima competición.

A entrada será gratuíta para todos os abonados, tan só presentando o seu carné no acceso ao estadio. O club continúa así cristalizando o compromiso de ofrecer a todos aqueles que confían día a día nesta entidade, un encontro amigable do máis alto nivel, premiando ademais a súa condición de abonado.

Ademais, como evento é de peso, recoñecemento e homenaxe, previa á celebración do choque, desde as 19 horas, terá lugar a presentación dos equipos de categorías inferiores do CD Lugo ante o público asistente. Un momento de emoción, outorgando todo o protagonismo ao futuro do club, a cada equipo, e a cada mozo xogador que diariamente pelexa polo escudo.

O partido terá un prezo único para os asistentes non socios:

– Xeneral, Fondo Norte e Fondo Sur: 5 euros

– Tribuna e Preferencia: 10 euros

O período de compra ábrese hoxe, tanto na sede da Rúa San Roque, 59, como nas oficinas do estadio Anxo Carro (no horario habitual) e prolongarase ata o mércores 11, día do encontro, desde dúas horas antes do arranque do mesmo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo