" />

Patrimonio informará mañá o proxecto de demolición da Residencia

O Consello Territorial de Patrimonio Histórico de Lugo, órgano consultivo da Consellería de Cultura e Turismo, informará mañá o proxecto de demolición da antiga Residencia Xeral que foi remitido pola Consellería de Sanidade.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, sinalou que a Consellería de Sanidade  prevé remitir a documentación ao concello de Lugo para a obtención de licenza nos vindeiros días, unha vez que se obteña a resolución favorable de Patrimonio.

O proxecto de demolición do Xeral ten que ser autorizado pola Consellería de Cultura por encontrarse no contorno de protección dun inmoble catalogado, o antigo Materno. Neste sentido, cabe lembrar que este organismo xa informou recentemente o proxecto básico de demolición do pavillón central que comunica ambos inmobles.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo