Peregrinos ocasionan un altercado nun albergue da rúa Pintor Corredoira

Uns peregrinos procedentes de Barcelona causan un altercado nun albergue situado na rúa Pintos Corredoira. O feitos tiveron lugar ao redor das 9,00 horas do día 7 de agosto cando é requirida una patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio, polo encargado do albergue, que lles comunica que sobre as 2’00 horas tivera que advertir aos ocupantes de tres habitacións de que estaban a causar molestias ao resto de usuarios polo ruído que producían, comprobando ademais que, a pesar de figurar só seis ocupantes, realmente había nove; ante o cal os mozos se encerraron nas habitacións, negándose a saír.

Ante os requirimento dos policías, os mozos saen das habitacións e abandonan o albergue, non sen antes ser identificados, comprobando que procedían de Barcelona e que só un deles cumprimentara a obrigación de dar conta da súa entrada na Comunidade Autónoma, polo cal se deu coñecemento á Autoridade Sanitaria, por se a falta de comunicación dos demais puidese constituír un incumprimento ás obrigacións impostas pola Xunta de Galicia con motivo do Covid-19.

Noutra orde de cousasa policía informa que sobre as 00’00 horas do día 7 de agosto, recíbese requirimento telefónico, na Sala do 092, dun veciño dun inmoble da rúa Bolaño Rivadeneira que di que ten molestias polo volume demasiado elevado de música que parece proceder do edificio contiguo. Trasládase ao lugar unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno, cuxos ocupantes contactan co requirente e constatan a veracidade do relatado telefonicamente. Despois de realizar unha inspección no inmoble lindeiro ao do requirente, comproban que a música procede dun cuarto piso, contactando co seu morador, a única persoa presente na vivenda nese momento, o cal manifesta que non se decatou das molestias que estaba a causar, polo que baixo o volume de inmediato, cesando así as molestias que se estaban producindo.

ASemade ás 4’23 horas do día 7 de agosto, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno procede a denunciar a un home, de 22 anos de idade, que transita pola Rúa Río Eo sen facer uso da máscara obrigatoria. Ante o requirimento policial, lonxe de dispoñerse a cumprir as obrigacións impostas sobre o uso da máscara, o suxeito adopta unha actitude prepotente ante os policías, faltándolles ao respecto e retándolles a denunciarlle, xa que “alguén máis importante que vós xa ma quitará”, motivo polo cal, finalmente, tamén houbo de ser denunciado por unha infracción á Lei de Protección da Seguridade Cidadá.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com