" />

A Policía cre que os dous asaltos en Augas Férreas son obra do mesmo violador

A Policía cre que os dous asaltos en Augas Férreas, unha violación consumada e unha agresión sexual, son obra do mesmo violador. Así o confirmaba esta mañá o subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo trala xuntanza da Xunta local de seguridade do Concello de Lugo que engadía que “todo apunta a que é unha única persoa a que actuou nestes dous casos”.

Segundo Carballo, as forzas da orde traballan en dar co seu paradoiro e confirma que “hai sospeitosos pero non son dous unicamente”, en referencia ás informacións publicadas nos últimos días pola prensa. Para dar coa identidade do agresor, estase á espera de cruzar os datos de ADN extraído da roupa dunha das vítimas cos de outros violadores e delincuentes fichados pola Policía. “Esperemos que unha vez que se crucen os datos da investigación poidamos nun menor tempo posible prender ao delincuente”, subliñou Ramón Carballo.

O subdelegado apuntou que a Policía conta xa cun perfil morfolóxico do agresor e pretende agora obter o perfil xenético. Ademais volveu faer un chamamento á “transmitir sensación de seguridade”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo