" />

Portomeñe di que para el é unha motivación que Orozco continúe coa querela por inxurias

Esta mañá o voceiro de ACE-EU Carlos Portomeñe compareceu en rolda de prensa para comentar a continuación das dilixencias de investigación da querela por inxurias e calumnias interposta contra el polo ex alcalde López Orozco. “A insistencia en levar adiante esta persecución contra min por denunciar publicamente as irregularidades na ordenación urbanística de Lugo é unha motivación máis para seguir traballando por un urbanismo democrático, sostible e pensado para a calidade de vida da cidadanía e non para o beneficio privado das grandes construtoras e a especulación urbanística”, salientou o concelleiro.

“Denunciar a corrupción urbanística e pedir a dimisión cautelar de cargos públicos investigados por delitos relacionados coa corrupción é a miña obriga como concelleiro de ACE-EU e militante de Esquerda Unida, como así establece o código ético da nosa organización. Fun elixido precisamente para cumprir con estes principios de rexeneración democrática e anticorrupción e seguirei cumprindo con eles”, incidiu Portomeñe. “Para continuar con este labor teño o respaldo incondicional da coordinación de Esquerda Unida e do seu Consello Nacional, que emitiu unha resolución específica de apoio ante a infundada querela”.

En concreto, o compromiso ético firmado por todos os candidatos e candidatas de Izquierda Unida obriga no seu punto séptimo a “Denunciar ante a Fiscalía e colaborar coa Xustiza aportando calquera dato de corrupción que coñezan no exercicio das súas responsabilidades como cargos públicos

Para este grupo municipal, a persistencia por levar ao voceiro de ACE-EU ante o xulgado “evidencia a desesperación de quen se sabe cun pé no banquiño dos acusados. A verdadeira noticia é a recente anulación xudicial do PERI do Garañón por ser contrario a dereito, que plasmaba o convenio co promotor firmado por Orozco, o que pon directamente en interdito a legalidade das actuacións con respecto ás Torres do Garañón. “É lóxico que se aferre a un cravo ardendo ante unha situación tan comprometida na vía penal.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo