" />

Portomeñe insta ao goberno local a convocar a Comisión do Garañón

O grupo municipal Alternativa Cidadá de Esquerdas- Esquerda Unida solicitou, a través dun rogo no pleno celebrado hoxe no Concello de Lugo, que a alcaldesa convoque de inmediato a Comisión Non Permanente do Garañón, trala petición por parte da Asociación en Defensa do Parque Rosalía da execución forzosa da demolición das torres ilegais para cumprir as tres sentenzas firmes que anularon as súas licenzas. Para o voceiro da agruapación, Carlos Portomeñe, o Concello ten a obriga de demoler canto antes o construido, por tratarse dunha acción contraria ao planeamento urbanístico.

Lara Méndez asegurou, pola súa banda, que quere ser “a rexedora que tire o Garañón”, pero o promotor “ten uns dereitos que lle foron mermados pero que, ao igual que os da veciñanza, teñen que ser velados” para que non se veña contra a sociedade lucense nin as arcas municipais. Méndez chamou á cautela e á responsabilidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo