" />

O PP dá un ultimato a Méndez para que suprima o posto da Directora de RR.HH.

O voceiro dos populares no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, brindoulle, esta mañá, unha última oportunidade á alcaldesa de Lugo para que “rectifique no seu empeño de seguir pagando a nómina do Director de Recursos Humanos en contra do pleno”. O popular dáballe este ultimato á rexedora, xusto antes de que se iniciase a sesión do pleno, co rexistro dun escrito no que solicita que se adopten as medidas oportunas para que, de forma inmediata, se dé cumprimento ao acordo da corporación, acadado o 25 de xaneiro, no que se anulaba e suprimía este posto.

Ameijide matizou que de non cambiar de actitude, a alcaldesa podería incurrir “nun suposto caso de prevaricación continuada”. O Partido Popular explicou que este asunto está en mans da súa asesoría e non descarta iniciar accións legais para aclarar responsabilidades”.

Os populares acusaron, esta semana, a Méndez de supostos delitos de prevaricación e malversación por pagar a nómina da Dirección de Recursos Humanos en contra do pleno. Este cargo político creado en xuño de 2016 xa nos leva custado a todos os lucenses máis de 110.000 €. “Casualmente a persoa que ocupa este posto é a mesma pola que Lara Méndez está imputada” reflexionaba o popular.

Ameijide tamén insistiu en que “se a alcaldesa quere blindar este cargo político pague do seu peto os máis de 5.000 € mensuais que nos custa a todos os lucenses”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo