O PP denuncia que o goberno municipal deixa sen rozar “case o 40%” das pistas

O concelleiro do Grupo Popular Manuel López denunciou que o goberno socialista de Lugo deixa sen rozar “case o 40%” das pistas do Concello. O popular explicou que a semana pasada o goberno asegurou que o concello tiña máis de 1.100 quilómetros de pistas, pero só se contratou a roza de 700 quilómetros. “Isto significa que o 40% das pistas do Concello quedará sen rozar porque por moito que traballe o tractor que o Concello ten para este fin é imposible que desbroce máis de 400 quilómetros de pistas”.

Manuel López asegura que “non é lóxico que habendo un contrato cunha empresa, a día de hoxe máis da matade das parroquias sigan sen rozar, sobre todo tendo en conta que en marzo, en xunta de goberno, aprobouse a prórroga do contrato de roza en pistas á mesma empresa. Non se pode permitir que cunha empresa con contrato en vigor teñamos que vivir esta situación”.

O concelleiro popular percorreu as parroquias do Concello e “a día de hoxe hai máis de 30 sen rozar”, unha cantidade moi importante, “e isto supón un grave risco, xa que a maleza invade as vías e os vehículos non se poden arrimar á beira, polo que o risco de accidente aumenta. Tamén sube o risco de incendios xa que todo está seco, polo que a xente das parroquias non está tranquila”.

Por iso, Manuel López insta ao goberno socialista “a que se poña a traballar nesta materia para rozar todas as parroquias e mellorar a imaxe do Concello, xa que esta situación repítese ano tras ano e o goberno socialista é incapaz de darlle unha solución ao mesmo”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Jesús Lodeiro Fernández
    Ago 15, 2017 - 01:47 PM

    e vos cando gobernavais era peor

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com