Antonio Ameijide Antonio Ameijide

O PP denuncia que Lugo é a cidade con menos execución dos programas de rehabilitación urbana

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, revelou que “Lugo é, das sete grandes cidades galegas, a cidade que conta cun menor grao de execución dos programas de rehabilitación urbana. Tan só se investiu o 18.25% dos fondos concedidos, un dato que é alarmante se o comparamos con A Coruña, onde desenvolveron máis do 72.16% do plan, Santiago, por enrriba do 62.69% de desenvolvemento, ou Ourense, cun 47.25%”.

Neste senso, o voceiro popular asegurou que “agora entendemos por que o grupo socialista votou en contra do plan de dinamización para a Tinería que levamos ao último pleno. Non teñen vontade algunha para rehabilitar e rexenerar os barrios da cidade que máis o precisan”. Pero, segundo Ameijide “o peor é que cun grao de execución tan baixo condenan aos lucenses a ter axudas menos competitivas que o resto de galegos xa que unha das condicións para optar a novas subvencións é ter un alto grao de execución das axudas xa concedidas”.

Ameijide destacou que “o principal problema é que non lles interesa rexenerar a cidade, polo que nin publicitan estas axudas, que son de interese para moitos lucenses. Tampouco asesoran nin incentivan que os particulares soliciten estas axudas para rexenerar os barrios”.

Importe das novas axudas

Ás novas axudas hai que engadir unha partida da Xunta de Galicia, polo que ven incrementada a súa contía. Ata agora había un límite de 11.000€ para a rehabilitación de vivendas, aos que agora se engaden 4.000€ máis, sen que exceda do 10% do orzamento protexido. No que se refire ás vivendas construídas en substitución doutra previamente demolida a axuda era de 30.000€, aos que agora se engaden 1.500€ para financiar o custo dos equipos técnicos e das oficinas de planeamento, de información, de xestión e de acompañamentos.

Neste senso, Ameijide sentenciou asegurando que son “melloras nos importes das axudas aos que non terán acceso os lucenses xa que o goberno socialista non solicitou esta nova liña de subvencións”.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com