O PP lamenta que “a día de hoxe” Lara Méndez non teña orzamentos

O voceiro do Grupo Municipal Popular, Antonio Ameijide, lamentou hoxe a situación na que os socialistas teñen sumida á cidade de Lugo, case no que denominou como “situación límite”. O popular lamentou que Lara Méndez “non sexa capaz de convencer a quen a puxo á fronte do Concello para sacar adiante orzamentos”. Pero, segundo Ameijide, hai unha situación peor, xa que “a pesar diso aínda non se escoitou nada referente a se están a traballar nun proxecto de orzamentos para o vindeiro ano”. Os populares tildan esta situación como unha parálise “pura e dura”.

Os populares revisaron os datos económicos dos orzamentos dos últimos anos e comprobaron a “pouca visión” que teñen os socialistas xa que “os únicos presupostos que foron capaces de sacar adiante non se axustan á realidade” de Lugo. Durante os anos de mandato de Lara Méndez, segundo afirma o PP, os socialistas deixaron sen executar, de media, o 55% dos orzamentos. No ano 2015, non executaron o 65,6% dos orzamentos e no ano seguinte, o único no que conseguiron aprobar un proxecto de presupostos, deixaron se executar o 47% do total, o que supón deixar sen investir case 7 millóns de euros.

“Durante o 2017 o único que se vai poder investir, se chegan a tempo, é a modificación orzamentaria que facilitamos aprobar dende o Partido Popular”, explicou o voceiro popular. Ameijide asegura que non se pode permitir máis que os socialistas sigan a “enganar” aos lucenses con proxectos de orzamentos que “non son reais” xa que “cunha desviación do 20% nos ingresos” queda claro que “non se axustan nin aproximan á realidade de Lugo”. Neste senso, o popular asegura que os datos da conta xeral do ano 2016 amosan unha desviación nos ingresos de máis de 27 millóns de euros, “unha cantidade que unha cidade como Lugo non se pode permitir perder”.

O popular lamenta a situación na que Lara Méndez e o seu equipo teñen sumida a cidade xa que “non hai ningún tipo de movemento económico e o que hai é grazas ao esforzo de todos os empresarios que loitan día a día”. Por iso, Ameijide non dubidou á hora de cualificar aos socialistas como “a burocracia na súa peor expresión porque a eficacia e a eficiencia brillan pola súa ausencia. Só están para cobrar o IBI, a recollida de lixo e a auga”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com