" />

O PP pide a supresión “do posto a dedo” da Dirección Xeral de Recursos Humanos

O voceiro do Grupo Popular, Antonio Ameijide anunciou que no pleno ordinario de xaneiro pedirá a supresión da Dirección Xeral de Recursos Humanos creado en xuño de 2016. O popular explicou que o seu grupo adopta esta decisión logo de escoitar hoxe as explicacións da funcionaria con respecto ao cumprimento dos obxectivos inherentes ao seu cargo.

“Hoxe se ratifican as nosas sospeitas e vimos de confirmar o que nos temíamos, que a Dirección Xeral de Recursos Humanos foi un posto político que se creou para designalo a dedo, e que o único que supón é unha duplicidade de funcións porque se lle enconmendan cuestións que son competencia da Xefatura de persoal” puntualizou Ameijide.

O voceiro popular explicou que “a Dirección Xeral de Recursos Humanos nos leva custado xa case 103.000 € sen xustificar realmente a súa necesidade”. Ameijide aclarou que na comparecencia da comisión de desenvolvemento, que hoxe forzamos, quedou en evidencia que “se incumpriron os obxectivos fixados”.

O popular lembrou como no pleno do pasado 30 de xuño, onde se creou este cargo, tamén se fixaron as súas funcións “marcáronlle once puntos para impulsar e, ano e medio despois, só cumpriu a medias un, olvidándose do 95% das súas compentencias. “Non podemos seguir pagando e mantendo un posto político directivo que incumpre sistemáticamente co seu traballo” matizando que tendo en conta que “o persoal directivo está suxeito a avaliación con arreglo aos criterios de eficiencia e eficacia e que o control de resultados deste cargo é un fiasco pediremos a súa supresión”.

Os populares recalcan que non hai avances na RPT, nin nas ofertas de emprego público, nin na provisión de postos de traballo mediante convocatoria de concursos, nin a creación dun portal do empregado público, nin na actualización dos regulamentos e convenios en materia de persoal e nin tan sequera no control e coordinación das productividades e gratificacións.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo