" />

O PP propón unha app para xestionar “de forma aberta” os contratos menores no Concello

O Grupo Popular no Concello de Lugo anunciou que presentará unha iniciativa para crear un sistema aberto de adquisición para contratos menores que dé publicidade de toda contratación que se oferte dende o Concello para que toda empresa lucenses que queira acceder e presentarse a estes procedementos teña a oportunidade de facelo. O seu voceiro, Antonio Ameijide indicou que o que solicitia o seu Grupo é crear unha aplicación web e outra móbil que permitirá darse de alta aos usuarios que queiran contratar coa administración pública e elixir a categoría na que queren enmarcarse.

Esta proposta dos populares vén dada despois de estudar o número e as contías gastadas no último ano en Contratos menores polo Concello de Lugo. Antonio Ameijide considerou “un abuso”, por parte do goberno socialista, da fórmula de
adxudicar servizos a través destes contratos. O popular desvelou que en 2017 “Lugo gastou 3.503.817,38 euros en un total de 657 contratos menores de ata 18.000 euros, en suministros e servizos, e 50.000 euros, en obras”. Para os populares “está fóra de lugar o uso continuado deste sistema” matizando que dende a chegada á alcaldía de Lara Méndez “se disparou esta práctica”.

O popular lembrou que “para estas adxudicacións o Concello non ten que convocar concurso público o que limita a participación só ás empresas que invita o equipo de goberno e supón un modelo arbitrario, ópaco e pechado”. De aí que a agrupación propoña este sistema “aberto” a todos os autónomos e PEMES da cidade que así o desexen.

Para os populares, este método de traballo incrementará o alcance dos proveedores que poden acceder a este tipo de licitacións e garantirá a transparencia do procedemento xa que abrirá a contratación menor a todo tipo de empresas. “As empresas e autónomos lucenses que se rexistren neste sistema recibirán unha notificación de cada novo contrato menor do seu ámbito de traballo, dese xeito poderán presentar unha oferta e o Concello, despois, tomaría a decisión de  adxudicar estes contratos menores segundo as propostas presentadas”.

O voceiro do PP insistiu en que “este sistema suporá unha mellora na transparencia e na participación así como un aforro económico para os luceses ao incrementar a competitividade”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo