" />

“Precisamos mudar as políticas en sanidade para garantir as condicións de traballo do persoal de atención primaria”

A parlamentaria do BNG, Carme Aira, xunto co concelleiro do BNG en Lugo, Alexandre Penas, mantiveron unha xuntanza con persoal da atención primaria do centro de saúde A Milagrosa de Lugo. A parlamentaria do BNG afirmou que “precisamos dotar ao sistema público de saúde con máis recursos, tanto materiais como humanos, especialmente na atención primaria, que está a pasar por unha profunda crise”.

“O persoal sanitario está a ver como se aumenta a súa carga de traballo, sen permitirlles planificar a compatibilidade entre as tarefas ordinarias do seu posto coas tarefas extraordinarias esixidas pola situación sanitaria”, explicou a deputada do BNG.

Carme Aira afirmou que “a atención primaria é o punto de entrada da veciñanza no sistema sanitario, polo que é preciso conseguir a mellor calidade posible neste servizo”. O BNG propón mudar a política que está a aplicar o goberno da Xunta de Galiza en materia sanitaria, “é preciso dar a volta ás políticas aplicadas nos últimos anos, cunha precariedade no Servizo Galego de Saúde que, desde o comezo da pandemia non fixo máis que aumentar”.

O BNG propón garantir a atención primaria presencial a toda a poboación galega, “unha atención primaria de calidade blindando a atención primaria e garantindo  que todas as persoas que o  precisen poidan asistir a unha consulta médica”, explicou Carme Aira, que engadiu “a atención recibida ten que ser segura e de calidade, non ten que depender de a que centro de saúde ou con que profesional se atope unha persoa”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo