" />

Presentación do programa ‘Músicas ao teu carón’

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou este mércores na Praza Maior o programa Músicas ao teu carón, que inclúe 11 concertos gratuítos de diferentes estilos, dende este venres ao 3 de outubro, en diferentes prazas e rúas da cidade.

“Con estas actuacións musicais en directo damos resposta ás peticións veciñais que nos fixeron os lucenses nos Orzamentos Participativos, ao tempo que dinamizamos os diferentes barrios da cidade”, destacou a edil. Deste xeito, o Concello continúa a executar os 59 proxectos demandados polos veciños e veciñas do municipio, que contan cunha dotación económica de 500.000 euros.

Ao longo dun mes e medio, Músicas ao teu carón ofrecerá diversas actuacións musicais dirixidas a todos os públicos, todos os venres de agosto a partires das 21:30 horas, e todos os sábados de setembro dende as 21:00 horas, agás o venres, 4 de setembro, que contempla actuacións musicais ao longo de todo o día. Os concertos rematarán o sábado, 3 de outubro, coincidindo co inicio do San Froilán.

PROGRAMACIÓN

– Venres, 14 de agosto, ás 21:30 horas na porta Aguirre, actuación de Serj, artista vimiancés que publicou o pasado ano o seu primeiro traballo discográfico en solitario, Velaivén.

– Venres, 21 de agosto, ás 21:30 horas na praza da Soidade, actuación da banda Per-versións.

– Venres, 28 de agosto, ás 21:30 horas na praza Maior, concerto de jazz da man de Telmo Fernández featuring Phil Wilkinson.

– Venres, 4 de setembro, ás 11:30 horas no Mercado Municipal, actuación da banda pontevedresa de indie e pop La casa de los ingleses. Ás 12:45 horas na rúa da Raíña soará a voz, a instrumentación e as percursións de Mounqup e ás 19:00 horas, a praza do Campo vibrará cos sons stoner, grunger e rock de Test Hammer. As 21:30, no Campo Castelo, actuará a banda luguesa de funk Cat´s
and Monkey´s, acompañada da música de Jc Dj.

– Sábado, 5 de setembro, ás 21:00 horas no Campo Castelo, concerto de rock a cargo formación The Grave Dolls.

– Sábado, 19 de setembro, ás 21:00 horas na rúa Noreas, noite de guitarra e arte Feel Past Fret: unha viaxe polas emocións guitarrísticas, con Fernando Pérez e Carlota Salgado.

– Sábado, 26 de setembro, ás 21:00 horas na praza do Campo, actuación de My Way.

– Sábado, 3 de outubro, ás 21:00 horas na praza da Milagrosa, concerto do guitarrista Marcos Pin, presentando o seu disco Duology Take a second.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo