Preto de 800 viúvas participan na súa asamblea nacional

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este sábado, no Salón de Actos do Pazo de Feiras e Congresos, na apertura da XLIV Asamblea Nacional da Confederación de Federacións e Asociacións de Viúvas Hispania, que volveu a celebrarse en Lugo ao longo do día de hoxe e mañá, coa colaboración do Concello, tras uns 15 anos, posto que cada ano se celebra nun punto diferente do territorio español. Trátase dunha xuntanza que ten por obxectivo o intercambio de experiencias entre as viúvas das distintas rexións así como sensibilizar á sociedade da súa situación e das súas familias.

Galicia é a quinta comunidade autonóma con máis persoas viúvas en España, unhas 186.000 mulleres, 30.000 delas na provincia luguesa, sendo o colectivo destas mulleres un dos máis veteranos de España, con máis de 45 anos de funcionamento.

Na súa intervención, a rexedora agradeceu, por partida triple, o traballo da Confederación de Federacións e Asociacións de Viúvas, tanto por defender os dereitos e reivindicacións das mulleres viúvas en Galicia e en España, polo esforzo que realizan a miúdo, que na maioría dos casos está relacionado cos pensións de viuvez insuficientes, e por traer a Lugo este encontro. Neste senso, Lara Méndez convidou ás máis de 800 viúvas de toda España presentes, a continuar co seu labor comprometido e xeneroso, así como a descubrir o patrimonio histórico artístico, cultural e gastronómico de Lugo nesta fin de semana.

No acto tamén participu o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o Subdelegado do Goberno, Ramón Carballo, a Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto; así como a Presidenta da Asociación de Viúvas de Lugo e de España, Aurora Carro e Rosario Vicente, respectivamente. Tamén estiveron presentes a Delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, a Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella, e outros membros da Corporación Local.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com