Preto dun milleiro de persoas visitaron Lugo na ponte festiva

Unhas 900 persoas pasaron entre este venres e luns pola Oficina Municipal de Turismo, o que supón máis de 250 persoas máis que as mesmas datas do pasado ano. Así o anunciou este martes a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, quen subliñou que o centro de atención aos turistas da Praza do Campo atendeu nesta ponte a un 60% máis de turistas con respecto á última ponte, a do 17 de maio.

O venres foi o día que máis turistas se achegaron á Praza do Campo, preto de 300, atendendo o 60% dos visitantes ao mediodía, entre as 12:00 e 14:00 horas, aproximadamente.

A edil, quen remarcou a boa acollida das actividades previstas para os días pasados con concertos na rúa, un festival de rock e unha andaina, entre outros; destacou a tendencia á alza do turismo tanto mes tras mes, como nas pontes festivas.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com