" />
13,00 h.- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, reunirase cos presidentes das Deputacións da Coruña e Lugo, Valentín González Formoso e Darío Campos, e co deputado de Economía, Facenda e Réxime Interior da Deputación de Pontevedra, Carlos López Font. A reunión terá lugar no Gabinete da Vicepresidencia (Bloque V, 3º andar) foto xon crespo 27/07/17

Protección Civil e GES de 5 concellos estrearán equipamento de emerxencias

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, fixo entrega esta mañá de material e equipamento de emerxencias a Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil e GES de 5 concellos da provincia de Lugo, que da continuación ao camiño iniciado nos últimos anos de dotar de máis material e equipamento de emerxencias ao persoal de emerxencias dos concellos galegos.

Alfonso Rueda, acompañado do xerente da Axega, Marcos Araújo e do delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, indicou que esta entrega de hoxe se suma ao investimento que se levou a cabo nos últimos anos, e que acada xa os 10,5 millóns de euros en equipamento de emerxencias cedido aos concellos galegos.

Así, hoxe da man do Goberno galego, os concellos de Cervantes, Negueira de Muñiz, Meira, Becerreá e Quiroga reciben material, que desta volta consiste en 2 pick-ups, un remolque, 2 furgóns e 1 pértiga, que suman un total de 195.000 de investimento por parte do Goberno galego.

Coa entrega de hoxe, o Goberno galego levou a cabo o pasado ano unha inversión que supera o millón de euros, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo