Arte e Soliedaridade PH

Proxecto Home presenta na sede de Afundación en Lugo a mostra ‘Arte e Solidariedade’

A Sede da Fundación Galicia Obra Social (Afundación) en Lugo acolle a exposición itinerante «Arte e solidariedade», unha iniciativa coa que Proxecto Home celebra o seu 25 aniversario en Galicia. No proxecto colaboran máis de 200 artistas, que ceden a súa obra para obter fondos en favor do proxecto desta asociación. Así, un setenta e cinco por cento do que se recade coas vendas, destinarase a soster os programas que desenvolve Proxecto Home.

A exposición, que trae a Lugo 73 artistas dos 200 que participan no programa, poderá visitarse ata o vindeiro 3 de outubro, de luns a sábados de 18.00h a 21.00 h. Roberto González, Paco Pestana ou Caxigueiro son algúns dos artistas lucenses que participan nesta mostra, na que se presentan 73 obras tamén de coñecidos artistas como Alfonso Costa Beiro, Antón Patiño, Leiro ou Buciños, entre outros. A iniciativa, comisariada na cidade de Lugo por Encarna Lago, celebra xa a súa sétima edición e recalará a finais de ano nas cidades de Ourense e Pontevedra.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo