PSOE Sarria: “A Xunta leva 10 anos sen responder ás peticións da cidadanía da comarca”

Os socialistas da Comarca de Sarria denunciaron que “a Xunta suma 10 anos sen responder ás peticións dos máis de 22.000 veciños dos 7 Concellos desta zona e só atende aos intereses electorais do PP”. Fixeron esta denuncia no Encontro Comarcal no puxeron en común as principais demandas veciñais ao Goberno galego, “todas sen atender tras unha década”, e no que avaliaron o presuposto autonómico para 2019 de cara a elaboración de emendas.

Os militantes do PSOE pola Comarca de Sarria explicaron que a única actuación que afecta á zona e recolle o presuposto autonómico é a conversión en autovía do corredor. Os cidadáns levan anos e anos demandando o seu desdobramento integral, é dicir, dende Nadela a Sarria. “En 10 anos, o PP na Xunta non fixo nada, máis alá de anuncios. Agora comprométese cun desdobramento parcial dende A Pobra a Sarria, que afectaría aos municipios de maior poboación, pero deixa fóra a zona de máis transito e de maior perigosidade”, denuncian os socialistas. Ademais, para 2019 os populares só comprometen o 4% dos fondos necesarios para executar este proxecto parcial, pois no orzamento para o vindeiro ano figura 1 millón cando estes actuacións superan os 23 millóns, segundo dixo a Xunta.

Por este motivo, unha das peticións dos socialistas da Comarca de Sarria á Goberno galego en defensa das necesidades dos veciños é o desdobramento integral do corredor. Reclaman ademais outros proxectos, que tampouco figuran no Orzamento da Xunta para 2019, como a mellora da estrada LU-622 dende Corvelle (Sarria), ata a inserción coa LU-621 en Láncara; fondos para novos accesos á Pobra de San Xiao dende a LU-546; a creación dunha senda peonil e rotonda na estrada LU-621 dende a Urbanización de Valdriz a Pobra de San Xiao; dotación dunha escola infantil ou gardería pública en Sarria; medios para colaborar cos Concellos no acondicionamento de estradas e accesos
locais; ou a dotación dun parque infantil en Paradela, entre outros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo