" />

Publícanse as listaxes de admisión nas escolas infantís municipais

O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, informou que hoxe se publicaron as listaxes definitivas de admisión nas escolas infantís xestionadas Concello de Lugo. O prazo de matrícula estará aberto entre o 1 e o 14 de setembro e debido á situación sanitaria habilitouse un procedemento especial para realizar a matrícula de maneira telemática.

A concellería de educación enviará por correo postal ou electrónico a documentación que cada familia deberá presentar de cara a realizar a matrícula da praza que lles corresponda. A documentación poderá presentarse por correo electrónico na escola infantil na que se adxudique a praza ou presencialmente no caso de non ser posíbel a presentación telemática nas oficinas da Concellería de Educación.

O edil declarou que “debido aos protocolos derivados da crise sanitaria, eliminouse unha unidade de 2-3 anos en cada escola”. “Realizaranse tamén cambios nos horarios das escolas para garantir o cumprimento das medidas de seguridade ditadas polas autoridades sanitarias”, afirmou Felipe Rivas, que explicou que “debido a que a situación pode mudar en poucos días, a aplicación das medidas irá sempre acorde ás últimas indicacións das autoridades sanitarias”.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo