" />

Publícanse as listaxes provisionais de admisión nas escolas infantís municipais

O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, informou hoxe que se publicaron as listaxes provisionais de admisión nas escolas infantís xestionadas Concello de Lugo. Felipe Rivas informou que “debido aos protocolos derivados da crise sanitaria, eliminouse unha unidade de 2-3 anos en cada escola”.

“Realizaranse tamén cambios nos horarios das escolas para garantir o cumprimento das medidas de seguridade ditadas polas autoridades sanitarias”, afirmou Felipe Rivas, que explicou que “debido a que a situación pode mudar en poucos días, a aplicación das medidas irá sempre acorde ás últimas indicacións sanitarias”. “Desde a concellería de Educación ampliaremos a información sobre as medidas a tomar coa publicación das listaxes definitivas”, declarou o edil de Educación.

Nas listaxes provisionais admítense un total de 152 nenas e nenos. En total, cada unha das escolas infantís conta con 7 prazas para 0-1 anos, 12 para 1-2 anos e 20 para 2-3, agás en María Wonenburger na que se ofertan 16 prazas para 2-3 anos.

As listas poden consultarse durante os vindeiros 10 días hábiles nos taboleiros de anuncios das distintas escolas e do Concello de Lugo, ademais de nas oficinas da Concellería de Educación. O prazo para presentar alegacións estenderase até o 3 de agosto, mediante o rexistro electrónico do Concello de Lugo, o rexistro presencial solicitando cita previa ou calquera outro rexistro público.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo