" />

‘Queremos Galego!’ convoca unha manifestación a prol do galego o próximo domingo 8 de febreiro en Compostela

A plataforma Queremos Galego! fai un chamamento a todas as persoas que queren que o idioma galego siga existindo no noso país como lingua vehicular, a participar na manifestación que está convocada para o vindeiro domingo 8 de febreiro en Santiago de Compostela.

A manifestación sairá da Alameda ás 12 do mediodía baixo o lema Polas fillas dos nosos fillos.

A plataforma no seu comunicado, afirma que “necesitamos promover a nosa lingua. Lingua propia e común que nos une a todos e todas. Lingua, identidade e futuro de Galiza camiñan da man. Defender o futuro dunha lingua é defender o futuro dun pobo. A nosa lingua sítuanos no mundo e fainos donos e donas do noso porvir, que está en nós, nas nosas fillas e fillos, nas nosas netas e netos. Na transmisión xeracional e na súa reposición social. Precisamos o galego para ser e existir. Temos esperanza, ilusión, vontade, compromiso para mantelo vivo , para superar prexuízos, para transmitir amor á nosa lingua, para manifestar orgullo, para dicir, polas fillas dos nosos fillos queremos galego”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo