" />

Queremos Galego rexeita a sentenza do TS sobre a Ordenanza do uso do Galego en Lugo

A Plataforma Queremos Galego e a Mesa pola Normalización Lingüística, así como medio cento de cidadáns e representantes políticos asistiron hoxe á concentración convocada pola Plataforma contra a resolución do Tribunal Supremo (TS) que anula varios artigos da ordenanza do Uso do Galego no Concello de Lugo. Na sentenza, o Supremo considera que algúns artigos impoñen o uso do galego, polo que avala a decisión tomada en 2016 polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que consideraba irregular proclamar que o galego é oficial nun organismo sen mencionar expresamente que o castelán, tamén o é.

A mobilización tivo por finalidade amosar a repulsa social á sentenza “ideolóxica” coa que o Tribunal Supremo rexeitou o recurso presentado polo Concello de Lugo contra a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que anulaba parcialmente a ordenanza de normalización lingüística da cidade, aprobada por unanimidade polo pleno da corporación en 2012 e ratificada polo pleno tras a sentenza do TSXG.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo