Raul López, máximo directivo do grupo MONBUS, detido por orde da xuíza Pilar de Lara

A cabeza visible do grupo Monbus, Raúl López permanece detido en dependencias das forzas de seguridade, mentres as instalacións principais da empresa ubicadas no polígono empresarial de As Arieiras, están precintadas e custodiadas por axentes de Vixilancia Aduaneira, á espera de que se efectúe o rexistro de ditas instalacións.

Todo apunta a que López foi detido en torno as dúas da pasada madrugada, xunto a catro persoas máis, entre elas o xenro do propio López, da localidade pontevedresa de Sanxenxo. Pilar de Lara mandou a detención de Raúl López no marco da chamada operación Cóndor, que investiga posibles delitos contra a facenda pública, branqueo de capitais, falsidade, delito contable, tráfico de influencias e cohecho.

As primeiras dilixencias levounas a cabo a xuiza de Lara en torno as tres da tarde, no propio edificio de Monbus. Momentos antes, a comitiva xudicial (a xuiza e varios axentes de Vixilancia Aduaneira) acudiu á oficina do Banco Sabadell na rúa do Progreso, ata onde trasladaron ao presidente de Monbus detido para a práctica de alguna diligencia.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com