Antón Tenreiro Ferreiro

Reenganchar Guitiríz á poesía

Alguén lembra a Raúl Gómez Pato, Eduard Velasco, Xabier Alonso ou Xosé Lois Mosquera? Son os gañadores das catro edicións do Prémio Díaz Castro de poesía criado polo Concello de Guitiriz. Agás o primeiro, os tres seguintes pasaron por Guitiriz con máis pena que gloria…
Lembro aquel memorábel acto de homenaxe ao poeta do Vilariño na igrexa dos Vilares polo 25 cabodano do seu pasamento no que a anterior alcaldesa, Regina Polín, anunciaba a convocatória do prémio. Unha distribución para que pasado o ano no que se lle adicaran as letras galegas, a memória e a obra do nóso poeta non caíra no esquecimento. O próprio Xulio Xiz, na súa intervención no acto dixera que os políticos non pasarán á história polo número de farolas ou asfalto que poñan senón polo seu compromiso coa cultura. O prémio con éxito de participación e de calidade poética, adoeceu sen embargo até agora de trascendencia social e pública. O que debera ser o mellor e máis trascendental premio poético da Terra Chá, pasa desapercibido mesmo para a veciñanza de Guitiriz que en varios casos nin se enteraron dos gañadores nin dos actos de entrega.
Que personaxe de Guitiriz tivo máis importancia histórica e relevancia cultural que Xosé María Díaz Castro?
Co Festival de Pardiñas aparte, non merece Díaz Castro convertir o seu prémio nun dos actos máis relevantes cada ano en Guitiriz? Ou permitiremos que siga o camiño de tantos outros autores aos que se lles adicaron as letras galegas e caíron despois no esquecemento mesmo nos seus proprios concellos? A memória de Díaz Castro sigue latente máis pola labor da sociedade civil a través dos centros de ensino, Xermolos ou o grupo NPG Nova Poesia Guitirica nascida naquel acto que polo traballo institucional limitado a unha dotación de 2000€ e uns actos de trámite semi-ocultos. Non é un problema de cartos nin de organización, a única causa foi a falta de vontade política para dar a Díaz Castro  e ao seu prémio a trascendéncia  social e cultural que merece.  Sei que a actual alcaldesa, Marisol Morandeira, ten a vontade de revertir esta dinámica e facer do prémio Díaz Castro o motor que coloque ao autor no lugar que merece no concello e toda a Terra Chá e facer de Guitiriz a vila poética da que os seus habitantes se sintan fachedosos. Ese carácter identitário coa poesía da man do noso poeta trasmitirá unha imaxe amábel e positiva que fará de Guitiriz un concello aínda máis atractivo, e nese traballo, tod@s debemos sumar, asociacións, centros de ensino, poetas, músicos, negócios, partidos políticos… Díaz Castro e a poesía deben ser sempre un motivo de unión, ser mellores en tódolos ámbitos nun aspecto no que Guitiriz e a Terra Chá son líderes mundiais, a poesía. Só nos queda poñela en valor como merece.
PD: O prémio gañaría en valor e repercusión alén de Galiza ampliando o idioma á norma do reintegrado e portugués. Non debe ser unha subvención da Xunta quen impoña as restriccións. Sería a mellor homenaxe póstuma de Díaz Castro ao seu amigo Carvalho Calero.
Antón Tenreiro Ferreiro

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com