Rematado o proceso de expropiación de seis parcelas nas inmediacións da ronda das Mercedes

O goberno de Lara Méndez vén de culminar o proceso de expropiación de seis parcelas situadas nas inmediacións da Rolda das Mercedes.  Trátase de media ducia de predios que ocupan unha superficie total de 1.915 m², ubicados na marxe dereita da Rolda Xosé Castiñeira, ao carón da Escola de Idiomas.

O executivo local, que proximamente abonará en total preto de medio millón de euros polo conxunto dos terreos estuda agora os usos máis axeitados para esa extensión que pasará a incorporarse ao patrimonio do Concello como zona dotacional, nunha contorna urbanística recentemente desenvolvida. Esta cantidade irá incluída na vindeira incorporación de remanentes que se levará a Pleno este mesmo mes de abril.

A operación súmase a outras xa desbloqueadas e completadas pola alcaldesa de Lugo durante o seu mandato como as procedentes da reparcelación da rúa Alfredo Brañas, que Lara Méndez liquidou a finais de 2019, logo de dúas décadas de proceso administrativo e xudicial, ou as levadas a cabo no Carme e que a rexedora efectivizou en 2016 saldando así, nos últimos anos, dúas débedas históricas que a institución local mantiña coa veciñanza destes barrios.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com