" />

Rematan as obras na rúa Río Sar

Co remate das obras que a  concellería de Infraestruturas Urbanas realizou na rúa Río Sar rematan os traballos de  adecentamento e asfaltado nas rúas do barrio da Cheda.  Segundo afirmou Alexandre Penas, “o inicio desta actuación estaba previsto para iniciarse no mes de marzo, mais a crise sanitaria do COVID-19 obrigounos a pospoñelo até maio”.

Durante esta fin de semana volverase abrir a rúa á circulación de tráfico, completándose a totalidade o proxecto de renovación deste barrio.

Con esta intervención, o concello de Lugo e a Área de Infraestruturas garanten as boas condicións de distintos servizos públicos e melloran a calidade de vida e o benestar da veciñanza da contorna. Para a área de Infraestruturas, os barrios periféricos teñen que ter as atencións necesarias. Alexandre Penas afirmou que “podemos facer moitas actuacións sen grandes gastos que melloren a calidade de vida das persoas”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo