Reparto do xornal do PP de Galicia, Galicia, Galicia” en Ribadeo e Castro

Os candidatos ao Parlamento de Galicia iniciaron hoxe en Castro Ribeiras de Lea e Ribadeo o reparto do xornal elaborado polo PPdeG sobre o seu candidato á presidencia da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo que ten como cabeceira: Galicia, Galicia, Galicia!

Con esta iniciativa, o PPdeG quere que os galegos poidan coñecer máis sobre a súa persoa, as súas opinións, o seu balance e o seu proxecto. Na distribución levada a cabo nestas dúas localidades participaron Elena Candia, José Manuel Balseiro, Sandra Vázquez, Ramón Carballo, Daniel Vega e Javier Vázquez Prado.

No xornal, recóllense desde a visión do propio Feijóo sobre a situación política actual, ata detalles menos coñecidos sobre a súa personalidade. O xornal fai ademais un repaso sobre algunhas das peticións e opinións que os cidadáns lle trasladaron persoalmente ao candidato do PPdeG nos “ti a ti” que tiveron lugar no Faladoiro co que nas últimas semanas percorreu toda a xeografía galega; así como anécdotas que sucederon no decurso do mesmo con veciños de diferentes concellos.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. José Manuel González Díaz
    Mar 04, 2020 - 10:19 PM

    A autonomía, e de primera, os politicos, de tercera regional, non dades a talla.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com