Rescatan a unha muller que caeu nun balcón en Monforte

Os bombeiros do parque comarcal de Monforte tiveron que actuar onte para axudar a unha muller, que caeu nun balcón sen capacidade para moverse. De feito, para poder acceder á ferida, os efectivos de extinción de incendios e salvamento utilizaron un vehículo dotado para o rescate en altura.

Todo ocorreu despois das sete da tarde de onte nun piso da Rúa Celso Emilio Ferreiro, tal e como indicou a persoa que chamou ao 112 Galicia para pedir asistencia.

Ademais dos bombeiros, ao lugar dos feitos chegou unha patrulla da Policía Local e tamén os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com