Restricións ao tráfico esta semana por obras de mellora na estrada provincial LU-P-4802 en Ribeira de Piquín

A Deputación de Lugo ven de informar que, dende mañá mércores 27 de maio e ata o venres 29, ambos incluídos, permanecerá cortado ao tráfico un treito desta vía polos traballos de aglomerado en quente.

O corte afectará concretamente ao tramo comprendido entre os puntos quilométricos 19,765 e 22,933, nunha estrada que comunica Santalla coa Ponte Soutelo. As actuacións forman parte das tarefas de acondicionamento e mellora do firme que se están a desenvolver nesta infraestrutura provincial, co obxectivo de reforzar a seguridade viaria e mellorar a circulación dos vehículos.

Durante os tres días que duren os traballos, recoméndase ás persoas usuarias da vía que extremen a precaución e empreguen itinerarios alternativos para evitar incidencias e retencións na zona. Tamén se solicita comprensión ante as molestias que poidan ocasionar estas actuacións, necesarias para garantir un mellor estado da estrada.

Os traballos de aglomerado en quente permitirán renovar o pavimento nun dos treitos máis transitados desta conexión local, mellorando tanto a comodidade da circulación como a durabilidade da infraestrutura

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com