Reunión na Subdelegación do Goberno por mor da tractorada do vindeiro xoves en Lugo

O subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, presidiu esta mañá, na sede da Subdelegación, unha reunión con motivo da tractorada e a manifestación que a Plataforma en Defensa do Sector Lácteo realizará o vindeiro xoves, 3 de setembro, polas rúas de Lugo. Na xuntanza precisáronse os percorridos  das marchas ademais do lugar e a duración do estacionamento dos tractores na Ronda da Muralla, para así deseñar un dispositivo de seguridade acorde que velará por garantir, por un lado, o dereito fundamental dos cidadáns a manifestarse e, por outro, o mantemento da orde, a seguridade cidadá e a libre circulación de vehículos, especialmente a dos vehículos de urxencia.

Neste senso insistiuse en que, en todo caso, debe quedar garantida a prestación dos servizos esenciais para a poboación, o que supón asegurar a libre circulación de ambulancias, bombeiros, policía ou urxencias médicas, así como a comunicación cos centros hospitalarios.

Á reunión celebrada esta mañá asistiron, ademais do subdelegado do Goberno, membros da Policía Local, a Garda Civil, o Subsector de Tráfico, a Policía Nacional e a Policía Autonómica, e tamén representantes dos sindicatos labregos: Federación Rural Galega, Sindicato Labrego Galego, Organización Rural Galega, Organización de Produtores de Leite, Unións Agrarias e Asociación de Jóvenes Agricultores.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com