Rocío López presenta no Pazo de San Marcos a súa novela negra, ‘Nunca fuimos buenos’

O Pazo de San Marcos acolleu hoxe a presentación da novela negra Nunca fuimos buenos, da lancaresa Rocío López. Nesta presentación estiveron tamén presentes a Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo; a Tenente Alcalde de Láncara, Begoña López Magdalena e a representante da Editorial Angels Fortune, Victoria Iglesias Castelo. Trátase da cuarta novela policíaca da escritora, tras os éxitos acadados con Nunca volverás a Pikeville, Ladrona de vidas e Olvídate del Cielo, que sairá á venda o vindeiro 23 de abril.

López Izquierdo destacou que “é un pracer poder presentar no Pazo de San Marcos o último proxecto desta lucense que aporta un valor engadido á nosa cultura. Dende o Goberno da Deputación colaboramos na promoción e difusión de Nunca fuimos buenos, dentro da nosa aposta por apoiar e impulsar o traballo dos novos talentos cos que contamos na nosa provincia. Nesta novela negra, que conta con preto de 400 páxinas, os lectores atoparán diferentes xéneros mesturados, con moitas doses de suspense e intriga, a través dunha parella de detectives que deberán resolver unha serie de asasinatos”.

López Magdalena subliñou que “estamos moi orgullosos do traballo que desenvolve Rocío a través da literatura, pois leva o nome de Láncara alí por onde vai, converténdose nunha das principais embaixadoras da nosa terra”.

Pola súa parte, Rocío López agradeceu a colaboración da Deputación e do Concello de Láncara “dende o primeiro momento” e explicou que “é unha novela moi dinámica, cunha estrutura diferente aos anteriores traballos, coa que busco sorprender os lectores e que se poidan enganchar dende a primeira páxina. O labor fundamental que temos os escritores é poder trasladar ao lector a un mundo imaxinario por medio da nosa palabra, e con esta novela penso que se consegue plenamente”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com