" />

Rodil: a partir do 12 de xullo darase o cambio que Lugo necesita para seguir avanzando

A candidata do BNG por Lugo, Olalla Rodil, ven de afirmar que “a partir do 12 de xullo darase o cambio que Lugo necesita para seguir avanzando e para que o goberno da Xunta traballe de xeito coordinado coas administracións locais lucenses”.

Rodil sinalou que “o novo goberno da Xunta ten que traballar coordinadamente con Concello e Deputación para que Lugo funcione” e engadiu “non pode ser que se utilice á Xunta de Galiza como un resorte para tratar de limitar o progreso de vilas, cidades e provincias que están gobernadas por forzas distintas ao partido popular”. “A Tinería, o Cuartel de San Fernando ou a confrontación política que o PP pretende coa entrega do Auditorio de Lugo son exemplos da necesidade dun cambio no xeito de gobernar a Xunta” afirmou Rodil.


Olalla Rodil, dixo “xa puxemos en marcha un proxecto transformador da cidade dende a chegada do BNG ao gobernó municipal de Lugo, e agora toca dar ese paso facendo que a partir de xullo Ana Pontón sexa a primeira muller presidenta da Xunta de Galiza, un presidenta que goberne para todas as galegas e galegos”, explicou, “porque queremos unha Galiza que coa mesma velocidade no interior e na costa”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo