Rubén Arroxo propón abrir as pistas polideportivas dos centros escolares fora do horario lectivo

Abrir as pistas polideportivas dos centros escolares durante as fins de semana e fora do horario lectivo é unha das propostas que se incluirán no programa do BNG –-Asambleas Abertas.

Rubén Arroxo dixo que “é unha maneira de fomentar o deporte de barrio” e engadiu “hai moitos barrios da cidade que non teñen ningunha instalación deportiva”. Arroxo puxo como exemplo a zona de Lamas de Prado, onde hai tres centros escolares e ningunha outra instalación deportiva.

Arroxo, acompañado da triatleta Alba Cuba, que ocupa o número 20 da candidatura do BNG –Asambleas Abertas, e do responsable local de Galiza Nova, achegáronse a un centro escolar para facer unha apertura simbólica. “

Rubén Arroxo sinalou que “”non é normal que por problemas burocráticos demos as costas a unha realidade como é a utilización das pistas deportivas dos centros escolares durante as fins de semana e as vacacións”. Neste momento xa son moitos os mozos e mozas que acceden ao interior dos recintos escolares para facer deporte en horario non lectivo “e esto é unha realidade”,” sinalou Arroxo”.

“”Estableceremos un mecanismo de solicitude do uso da instalación a través do correo electrónico, facebook ou whatsapp” dixo Arroxo que explicou “evidentemente non se trata de que os recintos escolares permanezan abertos sen control”. Para BNG – Asambleas Abertas trátase, simplemente, de facer unha boa xestión das instalacións públicas. “Somos conscentes de que esta idea xa foi proposta con anterioridade pero o actual goberno non foi capaz de facela funcionar, nos antepoñemos as persoas á burocracia e por iso faremos que funcione”,” concluíu Arroxo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com