" />

Rutas de Historia chega á Fonsagrada e aos Ancares

“Camiñando pola Idade do Ferro na Carretera da República” e “As ánimas, os mouros e as pegadas milenarias dos Ancares”. Estes son os suxerentes nomes das dúas andainas que esta fin de semana terán lugar na montaña de Lugo dentro do proxecto cultural ‘Rutas de Historia”, de valorización do noso patrimonio e a nosa historia. Polo momento, son máis de 80 as persoas que fixeron o seu rexistro na web www.rutasdehistoria.com para acudir a este evento.

A primeira ruta, que terá lugar en A Fonsagrada, comezará no Vilar da Cuíña e baixará ata as maxestuosas ruínas da Ferrería del Buen Retiro. Despois de visitar este complexo siderúrxico, continuarase a carón do río Lamas e do río Navia percorrendo a Carretera da República ata chegar á Fábrica da Fornaza. Despois tirará cara a aldea de A Fornaza, lugar no que se pode contemplar unha impresionante paisaxe dende a súa coñecida capela. Esta andaina estará guiada por Manuel Miranda, de Mariña Patrimonio.

A segunda ruta, xa o domingo, sairá e rematará na vila de Becerreá. O primeiro punto será a Cova dos Mouros e logo pasará polo Castro de Vilar de Ousón e Chao da Capilla. Cruzará a Ponte de Cruzul que foi unha das infraestruturas máis cara do Camiño Real por Galicia e na que houbo interesantes episodios durante a Guerra da Independencia contra os frances. O roteiro tamén pasará pola Igrexa románica de Ouselle, o Monolito a Fuco Gómez e polo coñecido como Camín da Antiga. Neste caso, será Xabier Moure, de Patrimonio dos Ancares, o guía da andaina.

Rematados os roteiros, os participantes xantarán en restaurantes da zona e ademais, boa parte destas persoas  tamén pernotarán durante o venres e o sábado.

Foto: Rutas de Historia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo