" />

Santiago Villanueva presenta os medios para a campaña de vialidade invernal

O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, presentou esta mañá en Pedrafita do Cebreiro os medios destinados para a Campaña de Vialidade Invernal neste tramo de red de estradas do Estado. O centro de conservación da servizo tanto á vertente lucense como á leonesa do porto de montaña de Pedrafita, motivo polo que tamén estivo presente a delegada do Goberno en Castela e León, María José Salgueiro.

Nste centro se xestionan os medios que dan servizo ao porto con 12 camións quitaneves, dos deles aptos para o tratamento con salmuera; 3.500 toneladas de sal en almacén e outros cinco silos, distribuidos ao longo do percorrido, con capacidade de 100 toneladas cada un deles. Asemade, contan con seis plantas de salmuera con depósitos que poden acoller ata 752.000 litros.

Trala visita ás distintas instalacións os subdelegados do Goberno en Lugo e León: Ramón Carballo e Teresa Mara, asinaron o protocolo de coordinación entre ambas provincias. Segundo este acordo, no caso concreto da A-6, a xestión operativa da vialidade do porto de Pedrafita se levará dende Lugo en actuación coordinada co Porto de Mando da A-6 en Ponferrada, algo esencial para a retención temporal de vehículos nas áreas establecidas para elo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo