" />

Santín renuncia á acta de Deputado polo que Martínez é o único candidato a Presidencia da Deputación

Logo da xuntanza de celebrada onte polos socialista do partido xudicial de Lugo para elixir aos cinco deputados que representarán ao Psoe na Deputación, o Secretario Xeral dos socialistas, Juan Carlos González Santín tomou a decisión esta mañá de renunciar á acta de deputado provincial, polo que o candidato a presidir a Deputación de Lugo será o alcalde de Becerreá e deputado provincial en funcións, Manuel Martínez.

Deste xeito, a lista presentada nos xulgados lucenses queda conformada por Manuel Martínez, Pablo Rivera, Álvaro Santos, Lino Rodríguez e Sonsoles López Izquierdo.

Polo momento, González Santín continúa como parlamentario e anunciou que aínda ten que falar coa Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, para decidir se renuncia tamén a súa acta de concelleiro. En canto á Secretaría Xeral do PSOE na provincia, Santín sinalou que está a total disposición do seu partido, polo que non queda claro se continuará no cargo ou non.

Manuel Martínez tamén anunciou que seguirá ao fronte da Alcaldía de Becerreá, cargo que cualificou de “sagrado” para el.

Doutra banda, sinalar que os resultados da votación de onte foron finalmente tres deputados para a lista de Martínez e dous deputados para a lista de González Santín, polo que houbo un erro nas informacións que ofreceron onte dende o Patido Socialista, onde daban catro deputados a Manuel Martínez e un deputado á lista de González Santín.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo