Sarria acollerá a 22º edición dos Xogos Autonómicos de Special Olympics

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, participou hoxe na presentación da 22º edición dos Xogos Autonómicos de Campo a Través e Petanca de Special Olympics Galicia xunto a Alcaldesa do Concello de Sarria, María Pilar López Yáñez, o Presidente de Special Olympics Galicia, Eladio Fernández Pérez, e o Director do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade de Sarria, Luis Pardo. Trátase dunha competición atlética que reunirá no Pavillón Novo de Sarria, o sábado 4 de maio, a un total de 366 persoas entre atletas, adestradores, voluntarios e organización.

A asociación Special Olympics Galicia traballa para promover a inclusión social das persoas con discapacidade intelectual a través do deporte e do ocio. O Goberno provincial colabora con esta asociación fomentando actuacións que redunden na mellora da calidade de vida deste colectivo.

Nesta nova edición dos Xogos Autonómicos participarán 239 deportistas con discapacidade intelectual de 17 asociacións de toda Galicia, que estarán acompañados por 52 adestradores. O CAPD SARRIA, que exercerá de anfitrión, participará cun total de 22 deportistas e 10 adestradores. Para organizar esta 22ª Edición dos Xogos, Special Olympics Galicia tamén contou coa colaboración de FADEMGA.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo