Segue a baixar a cifra de casos activos por Coronavirus ne Área de Lugo

Aínda que seguen a aparecer novos casos pola Covid 19, a cifra de casos activos volveu baixar na Área de Lugo, catro menos que onte, basicamente por ser máis alta a cifra de persoas curadas que as que se infectan. Poren a incidencia de novos contaxios segue a ser alta, por mor de que moitas persoas seguen sen cumprir as indicacións das autoridades sanitarias.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.379, deles 745 son da área da Coruña, 462 da de Lugo, 1.482 da de Ourense, 507 da de Pontevedra, 464 da área de Vigo, 597 da de Santiago, e 122 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 35 están en UCI, 170 en unidades de hospitalización e 4.174 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 21.713 persoas curadas, rexistrándose 784 falecementos. Nas últimas horas producíronse catro novos falecementos en centros hospitalarios. Trátase de dous homes de 59 e 74 anos, que estaban ingresados no CHUAC, e dúas mulleres de 83 e 88 anos que estaban ingresadas no CHUAC e no CHUS, respectivamente. Todos eles presentaban patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 549.104.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com