" />

Segue a escalada de contaxios en Lugo

Nas últimas vinte e catro horas os casos activos por Coronavirus na Área de Lugo, pasaron de 278 a 304, vinte e seis máis que onte. Destes 26 novos casos, máis da metade pertencen a Lugo capital. A nivel de Galicia o número de casos activos de coronavirus é de 2.306 deles 1.207 son da área da Coruña, 203 da de Ourense, 120 da de Pontevedra, 154 da área de Vigo, 212 da de Santiago, e 106 da de Ferrol, aos que hai que sumar os 26 de Lugo. Cada día, semella estar maís descontrolado o andazo, polo que é responsabilidade de todos poder cambiar esta tendencia. Do contrario, podemos estar na antesala doutro confinamento e se isto ocorre, as consecuencias van ser devastadoras. Mellor non xogar con lume.

Do total de pacientes positivos, 10 están en UCI, 66 en unidades de hospitalización e 2.230 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.889 persoas curadas, rexistrándose 632 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 302.859.

.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo