" />

Seguen as denuncias polos incumprimentos á obrigación de uso de máscara

A Policía Local de Lugo segue realizando denuncias por mor da Covid-19, en concreto levantou seis actas – denuncia por incumprir a obrigación de uso de máscara, realizando ditas intervencións nas rúas:  Tui, Alexandre Bóveda e Rúa dás Fontes. Un dos denunciados, tamén o foi por infracción á Lei de Residuos de Galicia, por  miccionar en vía pública; e outros dous foron denunciados por infracción á Lei de Protección de Seguridade Cidadá, xa que se atopaban, ás 00’15 horas, berrando na vía pública, consumindo alcol e rompendo vasos de cristal contra o pavimento ante a presenza policial.

 Menor saltando desde a xanela dun terceiro a un balcón anexo

A policía tivo tamén que actuar noutros casos, entre o que destaca a intervención feita ao fío das 12’50 hora, logo de terse recibido un aviso  dunha persoa que puido observar como un mozo saltaba desde a xanela do terceiro piso dun edificio da Rúa Avelino Pousa Antelo ao balcón anexo, pertencente á mesma vivenda.

De inmediato comparece no lugar unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio, cuxos ocupantes contactan coas persoas presentes na vivenda, tratándose de tres menores, de 13 anos, manifestando un deles que, con certa frecuencia, salta da xanela ao balcón porque se atranca a porta do salón.

Debido a que os menores se atopan sós nese momento, realízanse as xestións oportunas para contactar coa nai, que se presenta aos poucos minutos e é informada de todo o ocorrido e do perigo que iso supón, do que tamén se dará conta ao Servizo de Menores.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo