" />

Seguen baixando o número de casos activos por Covid-19 na área sanitaria de Lugo

Con 2 casos menos por Covid-19 que no día de onte, a área sanitaria de Lugo conta con 17 casos activos tal e como indica a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade na súa última actualización.

O número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 341, 8 menos ca onte; deles 109 son da área da Coruña,  25 da de Ourense, 7 da de Pontevedra, 141 da área de Vigo, 30 da de Santiago, e 12 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 7 están en unidades de hospitalización e 334 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.503 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 161.195.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo