Seguen incrementándose as denuncias por incumprimento de medidas de prevención da COVID-19

Coa que está caendo en Lugo e cada día máis irresponsables, seguen a ser denunciados por non cumprir as medidas de prevención da Covid-19. Así nas últimas horas producíronse os seguintes casos: as 21’15 horas do día 30 unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio procede á identificación de catro menores que se atopaban na zona axardinada entre o Palacio de Feiras e Exposicións e o Paseo do Miño, xa que varias persoas presentes no lugar, cos seus fillos pequenos, requiriran o servizo policial, ao facer caso omiso os catro menores das súas advertencias para que fixesen uso das máscaras, ao cal se negaban. No momento de chegar os axentes, os catro novos facían uso da máscara, pero foron acompañados aos seus domicilios, para a súa identificación e aviso aos seus pais do ocorrido, xa que os  requirentes presentaron denuncia voluntaria como particulares.

Ás 18’15 horas do día 29 de agosto, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio é requirida desde a Oficina Municipal de Turismo, sita na Praza do Campo, xa que unha usuaria negábase a facer uso da máscara obrigatoria. Unha vez no lugar, os axentes observan que a muller se atopa na terraza dun establecemento hostaleiro próximo, cumprimentando as follas de reclamacións facilitadas na oficina de turismo, mostrando aos policías un informe, presuntamente dun especialista en psiquiatría, o cal non está asinado e que di que a paciente ten dificultade por permanecer durante tempos prolongados coa máscara posta.

Os axentes confeccionan acta – denuncia por un presunto incumprimento das medidas de prevención contra o COVID-19, debido ás dúbidas xeradas polo informe, que porta, como queda dito sen firma, e nunha imaxe no teléfono móbil.

Ás 16’55 horas do mesmo día tamén son denunciados dous clientes dun local de  Camiño Real, os cales se atopaban no interior do local, consumindo na barra, sen facer uso da máscara.

Tamén as 17’10 horas do mesmo día tamén se denuncia ao usuario da terraza dun establecemento da rúa Julia Minguillón que se atopaba, en compañía de varias persoas máis, sen gardar a distancia mínima interpersoal e sen facer uso da máscara.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com